O portavoz da plataforma, Roberto Irimia, explicou nunhas declaracións á Efe que a denuncia está motiva pola «afección das obras proxectadas e a súa execución en hábitat prioritario de interese comunitario».
Detallou que as obras de condución, executadas pola Confederación Hidrográfica, afectan ao bosque de ribeira que bordea o río e ao desenvolvemento de especies de interese comunitario nunha paisaxe considerada «de enorme significación histórica e cultural».
Advertiu, alén diso, de que a Resolución sobre a avaliación ambiental do proxecto ignora «completamente» a existencia do Camiño de Santiago.
Irimia mencionou tamén o «incumprimento da normativa sobre xestión de residuos, con varios episodios de verteduras ao río, o último onte mesmo, todos documentados en vídeos e fotografías».
Finalmente, lembrou que o proxecto de condución do río Sarria está financiado en 80 por cento por fondos Feder, «financiamento que podería verse comprometido polos incumprimentos do Dereito Comunitario denunciados ante a Comisión Europea».
Nesta mañá catro membros da Consellería do Medio Rural desprazáronse a Sarria para «comprobar as verteduras que se produciron onte por causa de inxectar formigón», informou o portavoz. EFEverde


![Acompaña crónica BRASIL REFUGIADOS - BRA105 .SAO PAULO (BRASIL), 24/06/2017.- Fotografía del 24 de junio de 2017, de perros que son utilizados en terapias a refugiados en Brasil. A primera hora de la mañana se escuchan algunos ladridos en un albergue para solicitantes de refugio en Sao Paulo. La llegada de los perros da comienzo a la terapia con animales, una iniciativa con la que una organización brasileña busca el estímulo físico y psíquico de los recién llegados. EFE/FERNANDO BIZERRA JR[Acompaña crónica BRASIL REFUGIADOS ]](https://efeverde.com/wp-content/uploads/2024/05/caricia-perro-300x200.jpg)

