Parque Nacional de las Islas Atlánticas, situado en la Comunidad de Galicia, está formado por las islas Cíes, Ons, Sálvora y Cortegada con una extensión de 1.194,8 hectáreas de superficie terrestre y 7.285,2 hectáreas de superficie marina. Es el décimo parque nacional más visitado de España y es el único parque nacional de Galicia.
EFEverde en Galego

Presentada a guía xeolóxica do Parque Nacional das Illas Atlánticas

Enlace copiado

Tellado explicou que a guía, dirixida e coordinada polo científico do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España (IGME), Roberto Rodríguez, vén «saldar unha débeda histórica», tendo en conta que as «accións de divulgación dos espazos protexidos relegaron a un segundo plano aspectos como a xeoloxía ou a xeomorfoloxía».

Por iso, destacou «o coidadoso deseño e rigor científico» co que se elaborou esta publicación pero, sobre todo, o «empeño dos autores para ilustrar os procesos xeolóxicos responsables da formación das illas, así como as súas unidades xeomorfolóxicas máis significativas».

A información que proporciona o documento organízase mediante unha serie de itinerarios xeolóxicos polos catro arquipélagos que integran o Parque Nacional, cun formato «cómodo para o transporte e manexo, con información visual que fai que a interpretación da paisaxe sexa fácil e adaptada a todo tipo de usuarios», comentou.

A guía parte da idea de que os espazos protexidos constitúen un verdadeiro laboratorio xeolóxico onde é posible visualizar os procesos actuais e, sobre todo, aqueles que marcaron a paisaxe conformando un rexistro da evolución da Terra. EFEverde

Secciones:

Imagen de Redacción EFE Verde

Redacción EFE Verde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.