Con estes premios, o Goberno galego trata de premiar a traxectoria e compromiso da sociedade e as institucións coa ruta xacobea e, no caso de APACA, quere valorar as súas accións de concienciación e asesoramento no relativo aos animais e o Camiño de Santiago.
Esta asociación comparte premio con outras entidades como o Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, de quen se distingue o seu «creativo» traballo de divulgación e promoción do Camiño Inglés; ou como o concello do Grove (Pontevedra), polos seus labores de embelecemento e posta en valor dun tramo da ruta xacobea pola ría de Arousa, o único marítimo de todos os existentes.
Tamén serán galardoados na gala que terá lugar a comezos do mes de abril no Museo de Peregrinacións da capital galega a Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago en Padrón e a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago en Xapón, en activo desde 2009.
Por último, o Grupo Compostela formado polas universidades públicas galegas será premiado polo seu cuarto de século de estudos acerca da ruta xacobea, e tamén se recoñece o labor da escola de educación infantil de Carracedo. EFEverde




