O deputado autonómico Juan Carlos González Santín, secretario provincial dos socialistas lucenses, e a secretaria de medio natural do PSdeG, Fe Álvarez, exhortaron hoxe á Xunta a aprobar de forma "inmediata" un plan para xestión da Rede Natura en que participen os propietarios de terreos afectados.
Os representantes socialistas, acompañados polo senador Ricardo Varela, acudiron a unha reunión con gandeiros e produtores da bisbarra da Montaña, no municipio das Nogais.
Alí, subliñaron que o Goberno galego non foi "capaz de iniciar o proceso", mentres que outras rexións españolas xa dispoñen desa ferramenta.
Segundo o seu criterio, "é o único xeito de paliar as elevadas perdas" para o sector produtor a protección ambiental que comporta a Rede Natura.
Apuntaron a título de exemplo que hai plans de xestión noutras comunidades autónomas como Cataluña ou en Francia, onde "está aceptada socialmente e os modelos de funcionamento son voluntarios e avalados por contratos de compensación do que cada propietario achega".
Nese sentido, consideraron que Galicia é unha "das rexións máis atrasadas" na implantación dese tipo de plans. EFEverde