As ondas alagaron a Avenida Barrié da Maza, na Coruña. EFE/Sxenick
EFEverde en Galego

Refachos de vento de 134 quilómetros por hora esta madrugada na Coruña

É a zona de Punta Candieira rexistrouse ata o momento a maior forza de vento, seguida da Gándara, con 111 quilómetros por hora e Malpica, con 105.

Todo o litoral galego permanece durante a xornada en situación de alerta laranxa -o segundo nivel dunha escala de tres- por vento no mar e ondada, informa Meteogalicia.

Con todo, aínda que en Fornelos de Montes, en Pontevedra, o vento soprou a 88,5 quilómetros por hora, foi no interior das provincias de Lugo e Ourense onde houbo refachos de máis de cen quilómetros por hora.

Na estación de esquí ourensá de Cabeza de Manzaneda rexistráronse ventos de 112 quilómetros por hora e en Fragavella, en Lugo, de 105 quilómetros por hora.

En canto á ondada, a provincia coruñesa ha rexistrado ondas de 9,5 metros na zona de Punta Langosteira; de 7,7 en Estaca de Bares e de preto de sete metros en Sisargas.

A cidade da Coruña estivo onte en alerta vermella -o máximo nivel da escala de tres- con ondas de máis de dez metros. EFEverde

 

 

Secciones:

Imagen de Redacción EFE Verde

Redacción EFE Verde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.