Fotografía dun atardecer visto tras as ramas dun carballo. EFE
Efeverde en Galego

Unha investigación demostra resistencia de carballos ante o cambio climático

A tese de doutoramento, foi dirixida polos profesores Ignacio García González (USC) e Vicente Fernando Rozas (Universidade de Valladolid), e está centrada nos efectos do clima no crecemento dos carballos e o uso das reservas de carbono.

A investigación, que acaba de ser presentada polo propio Gonzalo Pérez de Lis Castro na Casa do Saber de Lugo, destaca que os carballos «posúen un sistema vascular moi especial, constituído por condutos de tamaño moi diverso na madeira», o que «lles permite contar cunha gran resistencia fronte aos eventos climáticos extremos» e, por tanto, «ante os efectos do cambio climático en Galicia».

A monitoraxe do crecemento dos carballos completouse co estudo das variacións do contido das reservas de carbono na madeira e a súa posible influencia sobre a formación do sistema vascular da árbore.

O traballo de Peréz de Lis apunta a que unha «utilización conservadora das reservas en condicións de maior seca» permitiríalle a estas especies «contar cunha protección adicional do seu sistema vascular». Efeverde

Secciones:

Imagen de Redacción EFEverde

Redacción EFEverde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.