O concelleiro popular Marcos Araújo denunciou hoxe nunha rolda de prensa que doce días despois da vertedura nada transcendeu da investigación da unidade de Medio Natural da Policía Local de Vigo, en que tamén intervén Augas de Galicia.
Araújo tachou de «auténtica catástrofe ambiental» a que foi «unha das verteduras máis importantes dos últimos anos» no Lagares, da que,
dixo, se descoñecen as consecuencias e as repercusións «xa non só no ecosistema, senón tamén na saúde dos cidadáns».
Indicou que o Concello «xestionou ben» a situación nas primeiras horas desde que se detectou a vertedura, mais, a partir de aí, «non houbo novas explicacións».
O concelleiro popular circunscribiu a última vertedura ao Lagares a un contexto de «abandono» e «despreocupación» do Goberno local de Vigo sobre asuntos ambientais, pois «non se cumpre ningunha das directrices da Axenda 21». EFE.
jmr/jl




![STO15. LULEA (SUECIA), 12/06/2013.- Vista general del centro de datos de Lulea, durante la visita al primer centro de datos de Facebook fuera de Estados Unidos en Lulea, a unos 900 km de Estocolmo, Suecia hoy, miércoles 12 de junio de 2013. Facebook ha elegido este lugar por su cercanía al Ártico y su acceso a la hidrofuerza y al aire frío del Norte, lo que mantendrá la temperatura de los miles de servidores utilizados para guardar la información de los usuarios, según la empresa. EFE/Susanne Lindholm ***PROHIBIDO SU USO EN SUECIA***[***PROHIBIDO SU USO EN SUECIA***]](https://efeverde.com/wp-content/uploads/2026/09/STO15-SUECIA-FACEBOOK-300x200.jpg)