Nas últimas horas alagáronse rúas e estradas en Vigo, Pontevedra e O Porriño.
En Poio caeu un muro de contención sobre dúas vivendas unifamiliares situadas na rúa Illa de Tambo, na zona de Caeira. Unha muller recibiu asistencia sanitaria por unha crise nerviosa.
En Ponteareas, a crecida do río alagou completamente un restaurante de Moreiras, cuxo propietario tivo que resgardarse na planta alta do inmoble.
As inundacións e a formación de bolsas de auga en rúas e estradas, así como a entrada de auga en baixos e vivendas supuxeron o 48 % do total das incidencias en Pontevedra (45) causadas polo temporal, seguidas dos desprendementos de terra.
No resto de provincias, na Coruña contabilizáronse dez incidencias, en Ourense, cinco, e en Lugo, tres. EFEverde




