EFEverde en Galego

Sarria volverá saír á rúa en oposición á condución do río

Nunhas declaracións á EFE, un dos portavoces da plataforma, Roberto Irimia, sostén que o rexeitamento á execución dese proxecto continúa «moi vivo», polo menos por unha parte da cidadanía de Sarria, polo que espera unha participación importante na manifestación do sábado, que será a segunda que percorrerá as rúas da localidade.

Irimia precisou que os veciños que se sumaron á plataforma realizaron desde o pasado mes de febreiro numerosas «concentracións» e «cazaroladas» para mostrar a súa desconformidade co proxecto, mais está «será a segunda manifestación» con permisos «para cortar o tránsito» e percorrer as rúas de Sarria.

A protesta partirá ás seis e media da tarde da zona do Dique, onde se están a desenvolver as obras de condución, e percorrerá as principais arterias do centro urbano, para acabar no punto de inicio.

Irimia reiterou as súas denuncias sobre a existencia de «presións» para pór fin ás protestas e criticou que se estea a utilizar «o medo» para frear oposición da xente que xa se manifestou abertamente en contra do proxecto de condución. EFEverde

Secciones:

Temas:

Imagen de Redacción EFEverde

Redacción EFEverde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.