Uvas. EFE
VIDE INVESTIGACIÓN

Terras Gauda procura o primeiro aceite de sementes de uva autóctona

A firma vitivinícola informou nun comunicado de que a investigación se leva cabo dentro do proxecto Galiat 6+7, impulsado por empresas e os grupos científicos Misión Biolóxica de Galicia, Instituto de Investigacións de Ciencias Mariñas, CHUS, Aula de Produtos Lácteos (USC), Facultade de Medicina (USC) e Química Analítica e Alimentaria, da Universidade de Vigo.

Despois da recolleita da produción, o grupo de viticultura da Misión Biolóxica estudará as propiedades das nove toneladas de bagazo obtidas e posteriormente elaboraranse aceites de semente de vide con cada unha das variedades autóctonas, cuxa calidade e beneficios para a saúde serán avaliadas polos científicos. EFEverde

Secciones:

Imagen de Redacción EFE Verde

Redacción EFE Verde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.