Presentada a plataforma definitiva para o turismo nas Rías Baixas
EFEverde en Galego

Presentada a plataforma definitiva para o turismo nas Rías Baixas

A día de hoxe a web Destino.gal recolle máis de 1.100 puntos de interese nos diferentes concellos da provincia de Pontevedra.

Entre estes emprazamentos atópanse monumentos arquitectónicos, rutas de sendeirismo, así como oferta hoteleira, gastronómica e de ocio, ficando todo os elementos organizados por concello ou comarca e acompañados de información gráfica.

Esta aplicación conta cunha ampla variedade de ferramentas para facilitar a visita ás Rías Baixas, así como co apoio do servizo de GPS e información sobre os puntos que o usuario vaia visitando, e incorpora información en tres idiomas (galego, castelán e inglés), aínda que a información existente nestes intres está en proceso de tradución completa ás tres linguas.

Destino.gal desenvólvese  co afán de amosar e invitar ao usuario a desfrutar da que consideramos unha das zonas máis fermosas deste recanto do mundo, segundo informou nun comunicado. EFEverde

Secciones:

Imagen de Redacción EFEverde

Redacción EFEverde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.