A Xunta informou de que o lume tivo lugar no concello ourensán de Amoeiro no pasado 17 de abril e queimou 1.500 metros cadrados de monte raso.
O incendio foi supostamente causado por un escape durante unha queima, ao non adoptar o imputado as medidas de prevención establecidas na lei.
Para a súa extinción foi precisa a presenza de persoal de extinción de incendios da Xunta. EFEverde




