Aplicacións nun movil. EFE/Andrew Gombert
EFEverde en Galego

Unha firma de Ferrol deseña unha aplicación que predí a calidade do aire

Detrás de Troposfera QA, como se chama a aplicación, están David Cartelle, José Manuel Vellón e Anxo Rodríguez. Os tres están á fronte desta consultoría especializa en tecnoloxías para o medio natural e a sostibilidade que ten a súa base no centro de Ferrol, onde traballan desde hai unha década.

A app, de sinxelo manexo, lanzouse ao ciberespazo esta semana, indicaron desde a firma ferrolá, e xa se pode descargar sen custo desde a Play Store de Google na maioría dos teléfonos móbiles intelixentes.

Funciona, explicaron os seus promotores, a través dun sistema matemático «novo na predición da contaminación do aire», que é capaz de ofrecer e actualizar datos cada dez quilómetros cadrados tomando como referencia a posición do usuario, a través dun xeolocalizador, e que ten en conta as emisións procedentes da gran industria ou o tránsito viario.

Unha vez instalada, a aplicación mostra o ICA (Índice de Calidade do Aire) en calquera punto do mapa e, a partir de aí, reflicte diferentes parámetros ambientais e a súa ponderación matemática para ofrecer un prognóstico da calidade do aire estimado no punto que o usuario desexe coñecer cunha antelación de 24 horas. EFEverde

Secciones:

Imagen de Redacción EFE Verde

Redacción EFE Verde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.