Varios barcos encóntranse ao abrigo na ría de Vigo para refuxiarse do mal tempo. EFE/Sxenick
EFEverde en Galego

A Coruña amence con ventos que superan 90 km/h e ondas de máis de 9 metros

Localidades como Malpica e Cedeira recibiron refachos de vento de 91 e 94 quilómetros por hora, respectivamente, mentres que nas Ons sopraron a 89 quilómetros por hora.

No referente á ondada, a Estaca de Bares rexistrou unha altura significativa de 9,73 metros, Vilán de 8,67 e o cabo Silleiro de 8,32.

A Xunta de Galicia aconsellou suspender todas as actividades pesqueiras e marisqueiras de maneira preventiva nas zonas máis perigosas do litoral.

Así, a frota dos portos da provincia coruñesa permanece amarrada case na súa totalidade pola ondada, que chegou a superar os nove metros de altura, explica á Efe o presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores, Tomás Fajardo.

Embarcacións dedicadas por exemplo ao polbo non poderán saír hoxe pescar, mentres que si o poderían facer o marisqueo ou pequenos barcos no interior das rías.

Zonas de referencia no referente á ondada son a Estaca de Bares, que rexistrou unha altura significativa de 9,73 metros, Vilán, con 8,67 ou o cabo Silleiro de 8,32. EFEverde

Secciones:

Imagen de Redacción EFE Verde

Redacción EFE Verde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.