Residuos Plásticos. Foto: Arturo Larena para EFEverde.com
Residuos plásticos. EFE
EFEverde en Galego

Vigo acollerá unha mostra sobre o impacto dos plásticos nos océanos

Esta iniciativa do Museum für Gestaltung Zürich en asociación coa Drosos Foundation, exhibida por primeira vez en España, indica ademais algunhas posibles solucións de carácter ambiental co obxectivo de concienciar a sociedade da urxencia e necesidade de non lixar os nosos mares.

Un gran colector trasladará desde o norte de Europa ata Vigo todo o material desta exposición que ocupará tres plantas do edificio da fundación, en que se exhibirá do próximo 13 de novembro ao 1 de marzo de 2015 e contará ademais con completos programas didácticos para escolares, familias e grupos.

Así, os espectadores poderán entender como a acumulación de inxentes cantidades de lixo plástico no noso medio chega aos mares e penetra na cadea alimentaria, provocando que estes residuos entren «na comida dos nosos pratos».

«Out to Sea? O proxecto do lixo de plástico» centra a súa atención na fase final da historia do deseño de obxectos de gran utilidade, mostrando como núcleo unha instalación de residuos de plástico procedentes dos distintos mares do noso planeta.

Así mesmo, a mostra aborda o trasfondo do asunto e o impacto mortal sobre os mares, animais e seres humanos, presentando os plásticos máis utilizados e resaltando aspectos como o consumo, os riscos para a saúde, os ciclos dos materiais ou os bioplásticos. EFEverde

Secciones:

Imagen de Redacción EFE Verde

Redacción EFE Verde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.