Cartel da proxección do documental “Isto cámbiao todo”.
EFEverde en Galego

Vigo acolle a estrea en Galicia do último documental de Naomi Kleim, “Isto cámbiao todo”

Isto cámbiao todo
Cartel da proxección en Vigo do documental “Isto cámbiao todo”

Maña mércores a sala Cambón acollerá a estrea en Galicia do documental “Isto cámbiao todo” (This changes everything) que se poderá ver de balde e en VOSE.

O filme aborda obre as consecuencias do cambio climático no noso planeta, a través de varios exemplos en diferentes países nos que a actividade humana está a desestabilizar o clima e o equilibrio natural de forma irreversible, en especial nas últimas décadas.

Sen embargo, ao longo do filme vaise construíndo a idea de aproveitar o cambio climático para transformar o noso sistema económico en algo radicalmente mellor.

Ao final da proxección, activistas que estiveron na COP 21, compartirán a sua experiencia e comentarán como foi a súa participación en París.

Posteriormente darase paso a un debate entre todos os asistentes para comentar os resultados da COP21 e as alternativas que existen na loita contra o cambio climático. EFEverde

Secciones:

Imagen de Redacción EFE Verde

Redacción EFE Verde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.