Un caballo enganchado en un cepo, en una foto cedida por Libera.
Recurso de archivo
Un caballo enganchado en un cepo, en una foto cedida por Libera. EFE
ANIMAIS PROTECCIÓN

Vinte municipios galegos prohíben usar animais en circos, segundo asociación

Enlace copiado

Vigo, Lugo, Ourense e outros dezasete municipios en Galicia declaráronse «libres de circos con animais», o último deles Lalín a pasada semana, sinalan nun comunicado as citadas asociacións de protección animal.

Engaden que unha enquisa sobre hábitos e prácticas culturais elaborada polo Ministerio de Cultura para o período 2010-2011 mostrou que só o 6,2% da poboación galega confesou que asistía a espectáculos de circo, aínda que sen especificar se eran con ou sen animais.

A asociación Libera e a fundación Franz Weber anunciaron hoxe a súa intención de reactivar a campaña iniciada en 2011 en favor de mocións municipais contra o maltrato animal en espectáculos. EFE

xb/jl/am

 

Secciones:

Imagen de Redacción EFE Verde

Redacción EFE Verde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.