nieve
Unha familia divírtese coa neve e o xeo en O Cebreiro (Lugo). EFE/Eliseo Trigo
Efeverde en Galego

A Deputación reparte 300 toneladas de sal para enfrontar posibles xeadas

«O servizo de Vías e Obras ten preparado un operativo que empezará a funcionar a partir das cinco da tarde nas oito zonas nas que está dividida a provincia», precisou Argelio Fernández.

Xeadas

O responsable de Vías e Obras confirmou á prensa que a Deputación de Lugo repartirá unhas 300 toneladas de sal entre as «distintas estradas da provincia», con especial incidencia en «aquelas zonas nas que, segundo os nosos estudos, son nas que se acumulan as xeadas».

«Loxicamente, iso poderá garantir que a xente poida circular con toda tranquilidade polas vías provinciais», engadiu Fernández Queipo, quen tamén apuntou que, «por zona», estarán de garda «tres máquinas», ademais de «corenta e oito operarios».

Ademais, o «servizo de Vías e Obras estará operativo as 24 horas» ata que o tempo mellore.

«Non é previsible que neve. Simplemente, haberá xeadas, pero é necesario que a xente tome as precaucións necesarias», porque «cando hai inclemencias» meteorolóxicas, «calquera cousa pode suceder», lembrou. Efeverde

Secciones:

Imagen de Redacción EFEverde

Redacción EFEverde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.