Concretamente, os fondos repartiranse para constituír brigadas forestais, sufragar os gastos de funcionamento dos vehículos motobomba e realizar tratamentos preventivos en pistas, camiños e outras superficies de titularidade municipal.
O persoal, que estará composto en total por unhas catrocentas persoas, sumarase ao dispositivo da Xunta establecido no Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (Pladiga) 2014, que conta con cerca de setecentos traballadores.
Arias explicou que o obxectivo dos convenios de colaboración, que se asinaron con todos os municipios que o solicitaron, «é o desenvolvemento de accións de prevención e defensa contra incendios forestais».
Deste xeito, a Xunta pretende «unha maior eficacia na loita contra o lume a través da optimización no uso dos recursos». EFEverde




