Billetes de 10 euros. EFE
EFEverde en Galego

Xunta e Banco Sabadell Gallego facilitarán o financiamento a dous programas UE

Coa sinatura deste convenio, o Banco Sabadell creará unha liña de financiamento destinada especificamente a empresas e particulares beneficiarios destes programas, con condicións financeiras especiais, como son as pólizas de crédito e contas de crédito para promotores a un tipo variable, entre outras posibilidades.

Por súa vez, a Agader impulsa a aplicación de estratexias de desenvolvemento rural integrado a nivel comarcal, mediante a dinamización e coordinación de grupos de desenvolvemento rural (GDR).

Neste sentido, comprométese a realizar unha ampla di fusión do convenio a través das súas canles de comunicación habituais, como a súa páxina web, e entre os propios GDR.

Este convenio estará vixente até 31 de decembro de 2015, data en que finaliza a execución do período de programación dos fondos europeos 2007-2013.

O Leader é o conxunto de medidas englobadas no Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) impulsadas pola UE. Trátase dunha iniciativa financiada polos fondos estruturais europeos e foi deseñada para axudar os axentes do mundo rural a potenciar o desenvolvemento nas súas rexións. O programa Leader de cada territorio deséñao e execútao un grupo de desenvolvemento rural.

Por outro lado, os proxectos dinamizadores teñen como finalidade mellorar as condicións de vida e evitar o despoboamento dese territorio. EFEverde

Secciones:

Imagen de Redacción EFE Verde

Redacción EFE Verde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.