Segundo as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía, o fenómeno climatolóxico adverso dará comezo mañá a partir das 13:00 horas na zona do Miño, na provincia de Ourense e se estenderá ao suroeste da Coruña; á zona do Miño, interior e Rías Baixas, na provincia de Pontevedra; ao sur de Lugo, e á zona de Valdeorras e montaña ourensá, a partir do venres 3 agosto.
[box type=»shadow» ]Durante a tarde de mañá poderanse acadar os 41º C na provincia de Ourense e nas outras provincias os valores poderán alcanzar os 38-39º C.[/box]
Recomendacións
Para protexerse da calor, Sanidade recomenda beber máis líquido do habitual, sen esperar a ter sede, sobre todo auga e zumes de froita lixeiramente fríos.
Deberase evitar inxerir bebidas quentes, alcohólicas, café, té, e as moi azucradas; igualmente, deberanse comer verduras e froitas en abundancia e evitar as comidas copiosas.
Respecto da vestimenta, convén usar roupa de tecidos naturais, lixeira e folgada, de cores claras, sombreiros, lentes de sol e cremas protectoras solares; o calzado deberá transpirar e ser cómodo e fresco.
No interior dos edificios, aconséllase permanecer en espazos ventilados ou acondicionados e utilizar as habitacións máis frescas da vivenda; durante o día, é recomendable baixar as persianas e pechar as xanelas, abríndoas pola noite para ventilar.
Outra das recomendacións é refrescar o corpo cunha ducha ou cun baño en auga morna e tentar evitar as aglomeracións de persoas en locais sen aire acondicionado.
No exterior dos edificios deberanse evitar, na medida do posible, as actividades nas horas máis calorosas, ademáis de reducir actividade física, buscar as sombras e, cando se estacione o coche, non se deberá deixar no interior nin a nenos nin a anciáns.
Na praia
Cando se vaia á praia convén tomar o sol de forma progresiva durante os primeiros días, evitando as horas do mediodía e as primeiras da tarde. Ademais, Sanidade aconsella non ficar durmido tomando o sol.
Tamén é aconsellable empregar cremas cun factor de protección superior a quince, aplicándoas trinta minutos antes da exposición e renovando cada dúas horas; no caso dos nenos, será convinte protexelos con gorra e camiseta opaca.




![STO15. LULEA (SUECIA), 12/06/2013.- Vista general del centro de datos de Lulea, durante la visita al primer centro de datos de Facebook fuera de Estados Unidos en Lulea, a unos 900 km de Estocolmo, Suecia hoy, miércoles 12 de junio de 2013. Facebook ha elegido este lugar por su cercanía al Ártico y su acceso a la hidrofuerza y al aire frío del Norte, lo que mantendrá la temperatura de los miles de servidores utilizados para guardar la información de los usuarios, según la empresa. EFE/Susanne Lindholm ***PROHIBIDO SU USO EN SUECIA***[***PROHIBIDO SU USO EN SUECIA***]](https://efeverde.com/wp-content/uploads/2026/09/STO15-SUECIA-FACEBOOK-300x200.jpg)