Incendio na Pobra de Trives (Ourense). EFE/Brais Lorenzo
Efeverde en Galego

A Xunta afirma que «o 99,9% dos incendios son provocados»

Tras a firma dun convenio con representantes do sector das plantas ornamentais, Vázquez comentou que na actualidade hai un incendio controlado en Monterrei, en Ourense, que afecta a unhas oito ou dez hectáreas.

«Xa terminou a vaga de incendios que houbo froito do vento do noroeste. O 99,9 por cento dos incendios son provocados. Nunha semana houbo case cincocentos conatos con 9.000 hectáreas queimadas, pero houbo boa coordinación», destacou.

A onda foi este mes de agosto na Coruña e Pontevedra, nesta última provincia con 4.000 hectáreas afectadas, das que máis de 3.000 eran produtivas, porque «tamén arde monte produtivo».

«Agora hai que pensar en construír Galicia, reunirse con alcaldes e asociacións para habilitar fórmulas que non sexan parches, que sexan futuro», subliñou a conselleira.

Lembrou que o «dispositivo especial» empezou «a principios de verán», pero aínda así é necesario «extremar a precaución» e realízase vixilancia «con drons», ademais da dos axentes das forzas de seguridade.

Explicou Ángeles Vázquez, así mesmo, que xa «se incrementaron as axudas para a repoboación nun cincuenta por cento este ano», polo que opinou que Galicia vai «polo bo camiño no ámbito da política forestal».

«Estamos a traballar, en avanzar na concentración parcelaria», dixo, e engadiu que «co lume non se xoga e tampouco se fai política». Efeverde

Secciones:

Imagen de Redacción EFE Verde

Redacción EFE Verde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.