Mato fixo este anuncio na II Xornada sobre xestión de puntos limpos, organizada polo Goberno galego en colaboración coa Federación galega de municipios e provincias (Fegamp).
A titular de Medio Ambiente da Xunta expresou así o seu respaldo a que os concellos establezan plans «propios e singulares» adaptados ás características, oportunidades e necesidades propias de cada territorio.
Cada concello solicitante poderá obter unha axuda máxima de 4.500 euros que cubrirá ata o 70 % do custo da elaboración da estratexia.
Segundo Mato, esta iniciativa inscríbese na colaboración entre o Goberno galego e as administracións locais en materia de medio ambiente e que inclúe tamén os denominados «puntos limpos» para depositar residuos urbanos para a súa separación e tratamento.
«Puntos limpios» en 233 concellos
Explicou así que Galicia conta cunha rede de 147 «puntos limpos» en 233 concellos e que desde 2009 hai 22 novas instalacións máis, o que supón un incremento do 18 %, tras un investimento de 6,5 millóns de euros.
A Consellería e a Fegamp asinaron un convenio por 535.0000 euros para contribuír á adaptación dos «puntos limpos» ao Real Decreto sobre residuos e aparellos eléctricos e electrónicos.
O obxectivo do acordo é captar nesas zonas os dispositivos eléctricos e electrónicos inutilizados para limitar o impacto ambiental dos seus compoñentes.
O presidente da Fegamp, Alfredo García, reclamou máis medidas para a separación e reciclaxe nos concellos, xa que determinados residuos, ademais de supoñer un problema ambiental, levan tamén un custo económico para os municipios. EFEverde




