Fotografía de arquivo dun dos camiños de terra do Monte de Carnota. EFE/Paco Torrente

EFEverde en Galego

A Xunta destinará 10 millóns de euros para impulsar o sector forestal

Publicado por: Redacción EFEverde 22 de enero, 2016 Santiago de Compostela

EFEverde.- A Consellería do Medio Rural puxo en marcha unha liña de axudas para apoiar ás pequenas e medianas empresas do sector forestal que realicen un investimento en tecnoloxía, procesado, mobilización ou comercialización dos produtores forestais.

A titular de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Ángeles Vázquez, adiantou este venres, tras visitar as empresas Laminados Villapol e Madeiras Goiriz, situadas nas localidades lucenses de Trabada e Vilalba respectivamente, que o seu departamento destinará este ano un total de 10 millóns de euros para impulsar estes procesos.

O obxectivo destas axudas, explicou Vázquez, é fomentar a “competitividade” do sector forestal, garantindo a “xestión sustentable” dos recursos naturais, así como lograr un desenvolvemento territorial “equilibrado” das economías e comunidades rurais de Galicia, incluíndo a “creación” e “conservación” do emprego.

Solicitude de axudas

Para beneficiarse destas axudas, as empresas deberán acreditar a súa viabilidade económica, cumprir coa normativa ambiental e ter un seguro en vigor de responsabilidade civil para a actividade obxecto de subvención, ademais de estar inscritas no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor).

Entre as actividades que poden ser obxecto destas axudas destacan o investimento para promover a “valorización” e “comercialización” dos produtos derivados dos aproveitamentos forestais e o investimento en maquinaria e equipos de traballo.

Tamén poderán beneficiarse as tecnoloxías de viveiros forestais a pequena escala e os mecanismos para a produción de materiais forestais de reprodución, así como a implementación de plans empresariais con criterios de xestión forestal sustentable. EFEverde

 

 

Secciones : Actualidad
Redacción EFEverde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.