EFEverde en Galego

A CHMS di que ten "todo os permisos" e que a corta en Sarria será "mínima

Publicado por: Redacción EFEverde 25 de marzo, 2014

Lugo (EFEverde en Galego).- A Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) aclarou que os traballos que está a desenvolver a empresa concesionaria do proxecto para canalizar o río Sarria contan "con todos os permisos", incluído o da Dirección Xeral de Patrimonio, para traballar nas inmediacións do Camiño de Santiago ao seu paso por esta localidade luguesa.

Fontes do organismo de bacía explicaron á EFE, despois de que a Plataforma Sarriana polo Río denunciase a corta de árbores a poucos metros do Camiño de Santiago e de que se queixase da forte presenza policial despregada na zona para desenvolver eses traballos, que "se está cumprindo o anunciado onte" polo presidente da CHMS.

O propio Francisco Marín informou onte de que a CHMS ía incorporar ao proxecto algunhas das propostas presentadas polo colectivo veciñal, xusto no mesmo día en que se completou un mes da instalación do campamento da citada plataforma na illa que forma o río, para expresar a súa oposición a estas obras e evitar que a concesionaria cortase as árbores de ribeira.

Entre as propostas que ía incluír a CHMS figuraba a de manter "a illa na súa actual configuración", igual que "a práctica totalidade da superficie arbórea existente", ademais de adiar a unha fase posterior a construción da "barreira hidráulica prevista na ponte do Peregrino".

Segundo a CHMS, respectarase o anunciado onte polo presidente do organismo de bacía e a corta que hoxe comezou nas inmediacións da ponte do Peregrino "será mínima".

"Cortarase o mínimo necesario para que as máquinas se poidan mover", precisou.

Alén diso, tamén comunicou que serán respectados elementos patrimoniais na zona do Malecón e na ponte de Calvo Sotelo. EFE

1011162

jrr/am

Secciones : Actualidad
Redacción EFEverde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.

Descubre más desde EFEverde

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo