No próximo mes decidirase se o xeito é excluído da proposta da Comisión Europea sobre redes de enmallar á deriva, e baixo ese escenario máis de 500 persoas destas parroquias mariñeiras acudiron á representación desta actuación a favor deste tipo de pesca.
A proposta, ideada pola Concellaría de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo, consiste na mestura entre «música de acordeón, cantiga tradicional, teatro popular e unha grande historia do noso presente», completada por escenas cómicas nas que se explican as artes do xeito.
Ademais, na representación tamén se escenifica o Parlamento Europeo ou a viaxe en avión a Bruxelas, que con bastantes turbulencias fixo rir grandes e pequenos.
Para finalizar, todo o público se sumou nas seis funcións á canción que berra a Europa: «Salvemos o xeito». EFEverde
[divider]
Vota por el Día de la Red Natura 2000 para el premio ciudadanía europea
Más Información:





