Ambos os dous colectivos sosteñen nun comunicado que é necesario superar estas «gaiolas» de especies para crear un espazo «educativo, comprometido e intelixente».
Ao seu xuízo, a través do uso das novas tecnoloxías o acuario coruñés tamén podería reproducir os sons, os movementos e os ámbitos naturais de animais como as baleas ou as quenllas brancas, pero «sen ter que capturar nin sacrificar a súa vida por un tanque de auga».
Os animalistas aspiran a crear con iniciativas como esta unha marca internacional na Coruña sobre o «respecto e protección da biodiversidade» e outras formas de turismo para persoas que queren que as súas viaxes «teñan tamén unha finalidade de xerar o cambio social». EFEverde




