Un enxame de avespa asiática de grandes dimensións, nun ameneiro, en Xove (Lugo). EFE/Eliseo Trigo
EFEverde en Galego

Apicultores reclaman á Xunta máis medios e control contra a avespa asiática

A Asociación Galega de Apicultores (AGA) informou da reunión celebrada nesta semana dos produtores con representantes da Consellería do Medio Rural, que fixeron un resumo das actuacións «bastante optimista, cando o sector considera que estas actuacións son manifestamente mellorables», sinala nun comunicado.

Ademais, propón que desde Galicia se soliciten programas de investigación aplicada sobre este insecto , «xa que en Galicia nunca se fixo nada neste campo», e considera que «hai que continuar facendo presión» até conseguir os medios necesarios para que o 012 poida retirar os niños, sen que os profesionais do sector teñan que facer este labor, «pondo en perigo a súa propia vida». EFEverde

Secciones:

Imagen de Redacción EFEverde

Redacción EFEverde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.

Ultimas noticias