Un enxame de avespa asiática de grandes dimensións, nun ameneiro, en Xove (Lugo). EFE/Eliseo Trigo

EFEverde en Galego

Apicultores reclaman á Xunta máis medios e control contra a avespa asiática

Publicado por: Redacción EFEverde 23 de enero, 2015 Santiago de Compostela

EFEverde.- Os apicultores reclamaron da Consellería do Medio Rural máis medios e unha mellora no plan de vixilancia e control da avespa velutina en Galicia.

A Asociación Galega de Apicultores (AGA) informou da reunión celebrada nesta semana dos produtores con representantes da Consellería do Medio Rural, que fixeron un resumo das actuacións "bastante optimista, cando o sector considera que estas actuacións son manifestamente mellorables", sinala nun comunicado.

Ademais, propón que desde Galicia se soliciten programas de investigación aplicada sobre este insecto , "xa que en Galicia nunca se fixo nada neste campo", e considera que "hai que continuar facendo presión" até conseguir os medios necesarios para que o 012 poida retirar os niños, sen que os profesionais do sector teñan que facer este labor, "pondo en perigo a súa propia vida". EFEverde

Secciones : Actualidad
Redacción EFEverde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.

Descubre más desde EFEverde

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo