Sil
Canón de río Sil. Captura web da Xunta de Galicia.
Efeverde en Galego

Inauguran un observatorio de aves cera do miradoiro do río Sil, en Sober

O privilexiado lugar para observar as aves está situado a 700 metros de altitude e a uns douscentos metros en liña recta do coñecido miradoiro de Boqueiriño, na parroquia de Bolmente.

Trátase dunha zona de gran riqueza natural e de «especial interese para os amantes das aves e tamén da fotografía, porque as vistas que ofrece son espectaculares», subliña o Concello nun comunicado.

Engade que a Axencia de Turismo da Xunta considera que é un dos «máis importantes» de Galicia para a «observación de aves».

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, destaca a importancia do «turismo de observación da natureza» para ese municipio e expresou a súa esperanza de que as novas instalacións atraian a novos visitantes.

O observatorio é unha iniciativa do Concello de Sober, que contou coa colaboración da Xunta para o proxecto, que permite así mellorar as condicións para observar as diferentes especies de aves que habitan ou frecuentan a zona, entre elas algúns exemplares de aguia real. Efeverde

Secciones:

Imagen de Redacción EFEverde

Redacción EFEverde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.