A Asociación Galega de Apicultura (AGA) indicou que esa postura foi a tónica da reunión celebrada o pasado mércores, na que participaron representantes de doce concellos e das asociacións de froita autóctona e fruticultores de Galicia, sindicatos agrarios e grupos municipais de emerxencias, que analizaron a situación da «enorme praga» que afecta a zona.
Os participantes resolveron esixir á Xunta «unha dotación suficiente ao servizo 012 para a retirada dos niños avistados de avespa velutina, que segundo a maioría dos asistentes resultou altamente insatisfactorio este ano, tanto en medios como en eficacia».
Ademais, os representantes dos municipios comprometéronse a adquirir un «equipo mínimo de intervención inmediata» para eliminar niños, sobre todo para lugares onde haxa risco para a poboación.
Tamén resolveron realizar unha «campaña intensiva» de información sobre colocación de trampas, tanto no outono como na primavera, para capturar raíñas e así evitar novos niños.
A AGA expresou nun comunicado a súa satisfacción polos resultados do encontro e a esperanza dos froitos que poden derivar dunha investigación que se realiza en Francia para elaborar unha feromona que permita capturar as raíñas en outubro, novembro, febreiro e abril, para minimizar os efectos da praga. EFEverde




![STO15. LULEA (SUECIA), 12/06/2013.- Vista general del centro de datos de Lulea, durante la visita al primer centro de datos de Facebook fuera de Estados Unidos en Lulea, a unos 900 km de Estocolmo, Suecia hoy, miércoles 12 de junio de 2013. Facebook ha elegido este lugar por su cercanía al Ártico y su acceso a la hidrofuerza y al aire frío del Norte, lo que mantendrá la temperatura de los miles de servidores utilizados para guardar la información de los usuarios, según la empresa. EFE/Susanne Lindholm ***PROHIBIDO SU USO EN SUECIA***[***PROHIBIDO SU USO EN SUECIA***]](https://efeverde.com/wp-content/uploads/2026/09/STO15-SUECIA-FACEBOOK-300x200.jpg)