En concreto, os profesionais destacan que «o dispositivo contraincendios está minguado, non se cobren as xubilacións, nin as baixas, nin as vacantes e iso un ano tras outro e, ademáis, a Xunta propón amortizar 10 postos de axentes ambientais/forestais, dos cales 5 son de Ourense, a provincia onde se concentra o maior número de incendios de toda a península».
Os axentes denuncian tamén que a Secretaría Xeral de Montes, «en lugar de basearse en criterios técnicos para establecer a quenda de gardas destes profesionais, usa uns criterios claramente políticos, posto que unha semana antes das eleccións municipais, unha semana con temperaturas baixas e mesmo con días de precipitacións, se lle impón un período de gardas innecesarias dende o punto de vista técnico».
Tras sinalar que non aceptarán que se poña en risco a seguridade dos profesionais, anuncian no seu escrito que, de suceder, se verán obrigados a trasladar a situación á fiscalía.
Finalmente, critican a «política errática» da Xunta na xestión para contratar os medios aéreos, de maneira que «mentres as bases con medios propios da Xunta permanecen pechadas, outras bases xestionadas por empresas privadas sí que están abertas, gastando desta forma diñeiro público innecesariamente, cun fin claramente beneficioso para as devanditas empresas». EFEverde




![STO15. LULEA (SUECIA), 12/06/2013.- Vista general del centro de datos de Lulea, durante la visita al primer centro de datos de Facebook fuera de Estados Unidos en Lulea, a unos 900 km de Estocolmo, Suecia hoy, miércoles 12 de junio de 2013. Facebook ha elegido este lugar por su cercanía al Ártico y su acceso a la hidrofuerza y al aire frío del Norte, lo que mantendrá la temperatura de los miles de servidores utilizados para guardar la información de los usuarios, según la empresa. EFE/Susanne Lindholm ***PROHIBIDO SU USO EN SUECIA***[***PROHIBIDO SU USO EN SUECIA***]](https://efeverde.com/wp-content/uploads/2026/09/STO15-SUECIA-FACEBOOK-300x200.jpg)