Parque con neve. EFE/Sedat Suna

EFEverde en Galego

Galicia recibe unha profunda borrasca con neve e ondas de até 9 metros

Publicado por: Redacción EFEverde 23 de febrero, 2015 A Coruña

EFEverde.- Galicia permanecerá hoxe baixo a influencia dunha profunda borrasca situada ao norte das Illas Británicas que enviará unha fronte fría, chuvias e neve que pasará dos 1.200 metros aos 600 durante a noite, mentres que a esas horas no mar haberá ondas de até 9 metros, informa Meteogalicia.

As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso e as máximas quedarán sen cambios, con ventos do oeste fortes no litoral.

As temperaturas nas principais localidades 

A Coruña: 11° 13°

Ferrol: 10° 13°

Lugo: 6° 11°

Ourense: 8° 13°

Pontevedra: 9° 13°

Santiago de Compostela: 8° 11°

Vigo: 9° 13°

Predición marítima

Costa Cantábrica: Vento do oeste, forza 5 a 8; de forte marusía a media vaga de mar; visibilidade de mala a regular; mar de fondo do noroeste con ondas de 3 a 9 metros.

Ferrol-Bares: Vento do oeste, forza 5 a 7; de forte marusía a media vaga de mar; visibilidade regular; mar de fondo do noroeste con ondas de 3 a 9 metros.

Ártabro: Vento do oeste, forza 4 a 7; de forte marusía a media vaga de mar; visibilidade regular; mar de fondo do noroeste con ondas de 3 a 9 metros.

Costa da Morte: Vento do oeste, forza 4 a 7; de forte marusía a media vaga de mar; visibilidade regular; mar de fondo do noroeste con ondas de 3 a 9 metros.

Rías Baixas: Vento do suroeste, forza 5 a 7; de forte marusía a media vaga de mar; visibilidade regular; mar de fondo do noroeste con ondas de 2 a 7 metros. EFEverde

Secciones : Actualidad
Redacción EFEverde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.