Fotografía de arquivo dunhas vacas nunha explotación gandeira. EFE/R.T./Robin Townsend
EFEverde en Galego

Calcinada unha explotación gandeira en Vimianzo sen danos nos animais

Fontes de Emerxencias informaron de que o lume, do que se deu a alerta sobre as 22:30 horas, foi extinguido por bombeiros de Cee.

O incendio iniciouse nunhas cortes de madeira que antigamente se utilizaban para almacenar herba seca, dunha explotación dunhas 170 vacas, das que había unhas 40 no interior no momento de iniciarse o lume, pero cuxos donos puideron sacar antes de que sufrisen danos.

Ao lugar, na parroquia de Salto, ademáis dos bombeiros, desprazáronse efectivos daGarda Civil e Protección Civil. EFEverde

Secciones:

Imagen de Redacción EFE Verde

Redacción EFE Verde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.