Pescadores tiran de una red de pesca en la playa de Ichinomiya (Japón).
EFE/Everett Kennedy Brown
EFEverde en Galego

Científicos de Galicia e Noruega colaborarán en ámbito de ecoloxía pesqueira

Un dos eixes prioritarios da referida colaboración, que definiron nunha reunión de traballo realizada recentemente en Vigo, será o asesoramento científico que se prestará desde Galicia para que o Institute of Marine Research (IMR) de Noruega realice estudos sobre a ecoloxía da pescada, informou unha nota do CSIC.

Rosario Domínguez, xefa do Grupo de Ecoloxía Pesqueira do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM) do CSIC, explica que en Noruega se está a rexistrar un notable incremento da abundancia da pescada, até o punto de que pasou de ser unha captura residual a unha especie de interese comercial.

O obxectivo dos investigadores galegos é avaliar o estado das súas poboacións, estudar a súa ecoloxía e analizar as causas deste aumento de abundancia, que se podería deber ao efecto da alteración climática, segundo Domínguez.

Considera que as poboacións de pescada de Noruega, que se encontran no límite setentrional de distribución da especie, sexan as primeiras en se veren afectadas por mudanzas climáticas globais.

Máis alá da pescada, os investigadores galegos e noruegueses intercambiarán información sobre outras especies como o bacallau atlántico, a maragota, o carboeiro e o abadexo.

Serán obxecto de intercambio a estandarización e validación de métodos para a determinación da idade dos exemplares, a realización de estudos reprodutivos e de ecoloxía espacial e trófica, e a aplicación do enfoque ecosistémico á xestión das súas pescas. EFEverde

 

Secciones:

Imagen de Redacción EFE Verde

Redacción EFE Verde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.