A convocatoria de axudas, publicada no Diario oficial de Galicia, está dirixida aos propietarios de barcos con polo menos dez anos de antigüidade e con porto base en Galicia.
A embarcación deberá ter unha actividade pesqueira dun mínimo de 90 días de pesca en cada un dos períodos de doce meses anteriores á data de petición de paralización definitiva ou 120 días de pesca nos doce meses anteriores á presentación da petición, segundo especifica a Xunta.
As axudas, 75% proceden do Fondo europeo de Pesca, inclúen 8,3 millóns de euros para o desmantelamento definitivo de barcos pesqueiros como parte dun plan de axuste da frota e o resto para embarcacións de pesca de baixura do caladoiro Cantábrico-Noroeste. EFEverde




