Esta é a filosofía coa que naceu o proxecto ‘LitterDrone’, financiado pola Comisión Europea e que foi desenvolto por un consorcio que integran a Universidade de Vigo, a Asociación Española de Lixos Mariños e a empresa Grafinta SA.
O seu obxectivo é patentar un sistema piloto para a caracterización do lixo mariño nas costas de Europa coa axuda de drons equipados con cámaras de alta resolución.
As imaxes obtidas son procesadas a través dun software especializado de recoñecemento de imaxe que permite unha rápida caracterización do lixo mariño achado nas mostraxes.
O director do proxecto, Fernando Martín, profesor da Escola de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, explica a Efe que toda esta información pode ser de utilidade para que os organismos pertinentes deseñen e implementen medidas de prevención e mitigación contra o lixo mariño.
Na actualidade as labores de mostraxe realízanse a pé de praia nun total de 26 areais españois catro veces ao ano, en cada unha das estacións.
Uso de drons nas praias
O uso de drons, apunta o director do proxecto, permitiría estudar praias remotas ou de difícil acceso, sobre todo no inverno, e aumentar a frecuencia das campañas de recollida de residuos.
A utilidade destas mostraxes, apunta Martín, está en que permiten determinar «qué -tipo de lixo- se atopa, onde e en qué épocas do ano», e diferenciar entre aquela que xeran os bañistas, os procedentes de colectores da rede de saneamento ou os aparellos de pesca ou acuicultura que o mar leva ata a area.
[box type=»shadow» ]O equipo de ‘LitterDrone’ elixiu as praias da Lanzada e de Rodas, nas illas Cíes, como banco de probas.[/box]
A pesares de ser praias, sobre todo a segunda, situada nun Parque Nacional, o das Illas Atlánticas, nas que os usuarios son «bastante responsables», o lixo chega tamén aos seus areais, principalmente o que arrastra o mar: tapóns e botellas, restos de aparellos de pesca e pezas que se desprenden das bateas.
Labores de limpeza
Daí a necesidade das institucións de establecer prioridades á hora de acometer labores de limpeza nas praias, recalca o director de ‘LitterDrone’, que se presentará en Madrid o próximo decembro antes de enviar a Bruxelas o informe final do proxecto.
A idea dos seus creadores é, nunha segunda fase, explorar novas vías de implementación desta tecnoloxía, como a detección de lixo flotante en mar aberto, no medio submarino ou na exploración de fondos oceánicos. EFEverde




