O director da Territorial Noroeste do BBVA, Juan Carlos Hidalgo, visitou hoxe as instalacións da compañía, rexentada pola enxeñeira Lola Palacio, única representante galega na cuarta edición do Momentum Project, un certame que selecciona anualmente 10 proxectos de emprendedores con impacto social, no que colaboran tamén ESADE e PwC, e ofrécelles apoio financeiro.
«Creamos un vidro multifuncional que pode facer moitas cousas, desde escribir a fixar tecidos e documentos en papel a proxectar imaxes», sinalou á EFE Palacio, que destacou tamén a posibilidade de utilizar o material para videoconferencias.
A empresa conta tamén coa colaboración da Fundación Juan XXIII, que elabora accesorios magnéticos nos seus centros ocupacionais para persoas con discapacidade intelectual e que espera agora colaborar de maneira «intensa» con Concepto Industrial, en palabras da súa directora, Carmen Puga.
Concepto Industrial participará este xoves en Madrid no Social Investment Day, en que se exporán os plans de desenvolvemento das 10 empresas que participan no Momentum Project. EFEverde




![STO15. LULEA (SUECIA), 12/06/2013.- Vista general del centro de datos de Lulea, durante la visita al primer centro de datos de Facebook fuera de Estados Unidos en Lulea, a unos 900 km de Estocolmo, Suecia hoy, miércoles 12 de junio de 2013. Facebook ha elegido este lugar por su cercanía al Ártico y su acceso a la hidrofuerza y al aire frío del Norte, lo que mantendrá la temperatura de los miles de servidores utilizados para guardar la información de los usuarios, según la empresa. EFE/Susanne Lindholm ***PROHIBIDO SU USO EN SUECIA***[***PROHIBIDO SU USO EN SUECIA***]](https://efeverde.com/wp-content/uploads/2026/09/STO15-SUECIA-FACEBOOK-300x200.jpg)