Segundo un comunicado do devandito parque tecnolóxico, este sistema de purificación de auga para consumo humano «consiste nunha lámpada xermicida que emite unha radiación ultravioleta, letal para a maioría dos microorganismos responsables da contaminación da auga, incluíndo bacterias, virus, fungos e algas».
Para iso, a empresa propón unha estación solar autónoma «que permitiría o autoabastecemento mediante enerxía renovable».
«A utilización de células de silicio amorfo garante a captación de enerxía incluso en días nubrados, polo que o seu rendemento é óptimo para Galicia», indica o xerente da empresa, Manuel Eirín.
O sistema, que foi patentado, conta con varias unidades e a fundación Coren dispón dunha unidade depuradora instalada nos bebedoiros de animais na escola agraria de Razamonde, no municipio ourensán de Cenlle, avalado polo Instituto de investigación médica de Herford (Alemaña), engade a nota.
Dous de cada tres fontes está contaminada
A firma sinala que un estudo recente publicado pola Organización de consumidores e usuarios establecía que «dúas de cada tres fontes» analizadas ten auga «contaminada con bacterias e restos fecais».
Por iso, Eirín considera que o «sistema pode solucionar isto de forma ecolóxica e inmediata, sen engadir cloro nin sabor, e sen afectar a acidez da auga».
A empresa propón instalar unha luz de 253,7 nanómetros emitida por unha lámpada xermicida de vapor de mercurio capaz de depurar ata 3.000 litros de auga por hora, o que permitiría depurar «moitas fontes e albergues do Camiño de Santiago». EFEverde




