
«Ímonos co optimismo de que o xeito quedará excluído das prohibicións das artes en Europa», asegurou Núñez Feijóo nun encontro coa prensa en Bruxelas, despois de se reunir co comisario europeo de Pesca e Ambiente, Karmenu Vella.
Segundo o presidente galego, o xeito «poderá seguir sendo unha arte de pesca aceptada legalmente, de acordo coa regulamentación que estableza Galicia, mais aceptada desde o punto de vista da normativa europea».
O que está inclinando a balanza da posición do comisario a favor de que o xeito se poida continuar utilizando, engadiu, son «os estudos científicos e técnicos desta arte de pesca remitidos pola Xunta de Galicia desde o pasado mes de xuño».
Segundo o presidente galego, Vella mostrou «o compromiso de que se exclúa o xeito como arte de pesca prohibida na UE e de que se faga conforme á regulamentación que dite a Comunidade Autónoma galega».
En particular, engadiu, «trasladou (Karmenu) o seu optimismo de que esta batalla a gañen os mariñeiros galegos».
Arte tradicional
En Galicia unhas 400 embarcacións dedícanse á pesca do xeito, unha arte tradicional que os mariñeiros galegos utilizan para pescar no interior das rías e capturar pequenas cantidades de sardiña.
A proposta sobre as redes de deriva, que tiña que entrar en vigor no pasado xaneiro, aínda está a ser analizada polo Parlamento Europeo.
Por outro lado, o presidente da Xunta convidou hoxe o comisario a visitar Galicia para coñecer en primeira persoa a situación da industria galega e dos mariñeiros que, lembrou Núñez Feijóo, representan 11% do emprego no sector pesqueiro a nivel europeo.
«Hoxe concretamos unha primeira invitación formal ao comisario para visitar Galicia, para que vexa a pesca do marisqueo nas nosas rías, a maneira de pescar, a acuicultura».
Vella aceptou a invitación, que se concretará «en próximas datas» e que, segundo a conselleira do Medio Rural e do Mar de Galicia, Rosa Quintana, terá lugar probablemente na vindeira primavera.
Por outra parte, Núñez Feijóo falou co comisario sobre a intención de Galicia de continuar apostando polas.
O comisario, asegurou, «tamén apoia Galicia no ámbito dos fondos europeos para que continúe dedicando parte dos fondos ás depuradoras que faltan para cumprir a cen por cento a directiva marco da auga en todas as rías».
Neste momento quedan catro rías pendentes: a de Ferrol, a de Pontevedra, a de Arousa e a de Vigo, «con obras que están en execución», engadiu.
O presidente da Xunta ten previsto reunirse tamén cos comisarios europeos de Investigación, Carlos Moedas, e de Política Rexional, Corina Cretu. EFEverde




![STO15. LULEA (SUECIA), 12/06/2013.- Vista general del centro de datos de Lulea, durante la visita al primer centro de datos de Facebook fuera de Estados Unidos en Lulea, a unos 900 km de Estocolmo, Suecia hoy, miércoles 12 de junio de 2013. Facebook ha elegido este lugar por su cercanía al Ártico y su acceso a la hidrofuerza y al aire frío del Norte, lo que mantendrá la temperatura de los miles de servidores utilizados para guardar la información de los usuarios, según la empresa. EFE/Susanne Lindholm ***PROHIBIDO SU USO EN SUECIA***[***PROHIBIDO SU USO EN SUECIA***]](https://efeverde.com/wp-content/uploads/2026/09/STO15-SUECIA-FACEBOOK-300x200.jpg)
Debe estar conectado para enviar un comentario.