incendios pandemia
Os bombeiros apagan un dos numerosos focos do incendio na localidade coruñesa de Rianxo. EFE
RIANXO, 26/03/2019.- Los bomberos apagan uno de los numerosos focos del incendio en la localidad coruñesa de Rianxo, donde desde ayer luchan contra el fuego, avivado por el fuerte viento. El virulento incendio forestal registrado en los municipios de Dodro y Rianxo, ambos en la provincia de A Coruña, ha arrasado ya 750 hectáreas, según las últimas estimaciones.- EFE/Lavandeira jr
EFEverde en Galego

Apagados todos os incendios forestais de Galicia, agás o de Rianxo

Enlace copiado

Este incendio iniciouse o pasado luns na parroquia de San Xoán de Laíño, en Dodro, e foi controlado onte ás 22:45 horas tras propagarse por Rianxo.

A Consellería do Medio Rural acaba de facer público o balance da mañá deste xoves dos incendios forestais superiores a 20 hectáreas.

As últimas estimacións provisionais achega do lume en Rianxo son de 1.120 hectáreas, delas 900 de monte arborizado e 220 de raso.

[box type=»shadow» ]Para controlar as virulentas chamas deste incendio, avivadas por intensos refachos de vento, mobilizáronse dous técnicos, 47 axentes, 46 brigadas, 31 motobombas, cinco pás, sete helicópteros, cinco avións e efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME). [/box]

Na provincia da Coruña extinguiuse esta mañá un incendio rexistrado na parroquia de Capela, en Toques, que comezou onte ás dez da noite e quedou apagado ás 7:20 horas de hoxe.

Segundo estimacións provisionais, queimou 35 hectáreas, das cales 27 son monte arborizado e oito raso.

Na súa extinción interviñeron catro axentes, catro brigadas, cinco motobombas e unha pá.

Na provincia de Ourense tamén se extinguiron os tres incendios que se iniciaron estes días, como o da parroquia de Santigoso no Barco de Valdeorras, apagado onte ás 20:00 horas tras comezar a arder o martes ás 20:45 horas.

Neste lume había dous focos, o que para Medio Rural evidencia a «clara intencionalidade» das chamas, que calcinaron 121 hectáreas, delas 11 de monte arborizado e 110 de monte raso.

Para extinguir este lume foi necesaria a participación de dous técnicos, 10 axentes, 12 brigadas, cinco motobombas, un helicóptero e catro avións.

Así mesmo, apagáronse os incendios de Calvos de Randín e Chandrexa. EFEverde

Secciones:

Imagen de Redacción EFE Verde

Redacción EFE Verde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.