Fotografía de patacas.
EFEverde en Galego

Investigadores avisan de novas variantes agresivas do mildio na pataca

Enlace copiado

Científicos deste organismo anunciaron nun comunicado que identificaron «por primeira vez en España» a presenza do xenotipo «Blue13» do fungo causante do mildio da pataca que é o máis agresivo presente en Europa.

O fungo causante desta doenza, que provoca a morte dos tubérculos, encóntrase en constante evolución e, pola súa virulencia, implica que a doenza «sexa cada vez máis difícil de combater e controlar» por parte dos produtores de pataca.

Dúas variantes deste fungo

Os investigadores do Neiker-Tecnalia identificaron ademais outras dúas variantes deste fungo denominadas «Misc», achadas en mostras procedentes de Araba e de Cádiz que non coinciden «con ningunha outra raza descrita até a actualidade en Europa».

Isto podería significar que estas variantes se orixinasen mediante «recombinación sexual dos dous tipos de apareamento existentes».

Segundo este instituto, o posible cruzamento entre os dous tipos sexuais do fungo implicaría «un cambio importante na a epidemioloxía do patóxeno en España».

Unha destas dúas variedades procede da prospección realizada por un laboratorio de produción e sanidade vexetal da Xunta de Andalucía situada en Sevilla.

Neiker-Tecnalia advertiu de que as novas razas do patóxeno son resistentes a determinados principios activos dos funxicidas que se empregan actualmente para combater o mildio e tamén que se están adaptando a situacións climáticas adversas.

Por iso, engadiu, é necesario concentrar os esforzos para desenvolver novas variedades de pataca resistentes ao mildio.

Esta doenza da pataca produciu durante o século XIX importantes perdas económicas e grandes fames en varios países. EFEverde

Secciones:

Imagen de Redacción EFE Verde

Redacción EFE Verde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.