Accidentes con jabalíes
Así o afirmou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, na que admitiu a «gran preocupación para a administración e os usuarios» por estes accidentes con jabalíes.
A Rede Autonómica de Estradas de Galicia (RAEGA) cifra en 3.500 os accidentes provocados polas incursións destes animais nas vías, o que supón unha media de dez ao día.
Ante estas alarmantes cifras constituíuse unha comisión na que participan o ministerio de Fomento, titular de moitas das vías afectadas, a propia Xunta, a Dirección Xeral de Tráfico, a Garda Civil e a Federación Galega de Cazadores.
Segundo apuntou Rueda, dita comisión estudará a posibilidade de implantar novas medidas concretas que se somen ao habitual reforzo das vías, aínda que antes buscarán identificar os tramos cun maior perigo. Efeverde




