O último informe do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar), baseado en análises realizadas o 30 de maio, autoriza a extracción en cinco polígonos da Ría de Arousa (Ribeira B, Ribeira C, A Pobra H, A Pobra G e Cambados A1) e catro na de Vigo (Cangas F, Cangas G, Cangas H e Cangas C).
Ademáis, tamén permite levantar o peche dos bancos marisqueiros Pontevedra III e Muros-Noia II, dedicados aos moluscos infaunales.
Nestes momentos, os polígonos que permanecen pechados son Cambados B e C; O Grove B (dedicado ao cultivo de ostra), C1, C2, C3 e C4; Baiona A; Corme B; Muros B, A e C; Noia A, Cangas A e B; Bueu B, A1 e A2; Portonovo A, B e C; Cangas D e Redondela A (de ostra) e Vigo A.
A Ría de Pontevedra é a máis afectada, ao estar pechada na súa totalidade.
En canto ao cultivo de infaunales, está prohibida a extracción en Viveiro-Celeiro; Ares II, Baldaio, Corme-Laxe; Corcubión-Fisterra; Muros-Noia; Pontevedra I, IV e V e Vigo IV2. EFEverde




![STO15. LULEA (SUECIA), 12/06/2013.- Vista general del centro de datos de Lulea, durante la visita al primer centro de datos de Facebook fuera de Estados Unidos en Lulea, a unos 900 km de Estocolmo, Suecia hoy, miércoles 12 de junio de 2013. Facebook ha elegido este lugar por su cercanía al Ártico y su acceso a la hidrofuerza y al aire frío del Norte, lo que mantendrá la temperatura de los miles de servidores utilizados para guardar la información de los usuarios, según la empresa. EFE/Susanne Lindholm ***PROHIBIDO SU USO EN SUECIA***[***PROHIBIDO SU USO EN SUECIA***]](https://efeverde.com/wp-content/uploads/2026/09/STO15-SUECIA-FACEBOOK-300x200.jpg)