Fotografía de arquivo dunha batea. EFE
EFEverde en Galego

A marea vermella chega á ría de Arousa

Nestes momentos permanecen abertos 22 polígonos, 20 na ría de Arousa e os dous restantes, en Ares-Betanzos.

O resto de polígonos bateeiros nas rías de Pontevedra, Vigo, Muros-Noia, Baiona e Corme-Laxe, así como 14 zonas de extracción de infaunais, entre as que figuran unha en Ares-Betanzos e outra en Corcubión, pecharon polo aumento da toxina amnésica.

O sector do mar aínda se está a recuperar dos efectos da anterior marea vermella e da mortaldade do marisco, que provocou uns pésimos resultados da campaña de libre marisqueo. EFEverde

Secciones:

Imagen de Redacción EFE Verde

Redacción EFE Verde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.