Un corvo descansa sobre unha varanda nun parque. EFE/Dai Kurokawa
EFEverde en Galego

Afronta 1,5 anos de cárcere por matar corvos con millo envelenado

Segundo o escrito de acusación, a que a Efe tivo acceso, os feitos aconteceron en xuño do ano 2011, cando o acusado, «co propósito de exterminar e pór fin ás molestias que lle ocasionaban os córvidos que acudían ao mencionado terreo para comer», supostamente preparou uns «engados con grans de millo impregnados con Terbulazina».

O fiscal explica que ese composto químico é «un herbicida altamente perigoso para o medio natural, extremadamente nocivo para a saúde humana e moi tóxico en organismos acuáticos«.

O ministerio público sostén que o acusado colocou «en diferentes puntos» eses engados envelenados, «coñecendo o alcance dos efectos destrutivos do seu acto».

A utilización desas trampas provocou «a morte por envelenamento de 23 corvos, cuxos corpos apareceron concentrados arredor dos puntos en que estaban os engados envelenados, e outros cinco exemplares» que estaban «agonizantes, espallados nun raio de 15 a 20 metros do terreo».

A Fiscalía sostén que eses feitos son constitutivos dun delito relativo á protección da flora e da fauna e pide para o acusado un ano e seis meses de prisión. EFEverde

Secciones:

Imagen de Redacción EFE Verde

Redacción EFE Verde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.