Blanco estima que esa suba, se for aplicada tal e como está exposta, suporá un custo de 3 euros para cada veciño de Narón no recibo trimestral.
«Penalizar os veciños cunha suba non é a solución», expón o rexedor naronés, que reclama ao Goberno galego a convocatoria dunha mesa de negociación e diálogo cos 296 municipios «prexudicados» por un incremento que acusa de «desproporcionado».
Blanco propón «unha repartición equitativo de custos» e a reforma do modelo de xestión da planta para facelo «máis eficiente económica e ambientalmente».
O bando está exposto desde esta mañá nas dependencias do consistorio naronés, accesible a todos os veciños. EFEverde en Galego
1010582
lbh/am




