Un peregrino xaponés camiña pola estrada autonómica LU-633 cara a Santiago. EFE/Eliseo Trigo

EFEverde en Galego

A neve volve dificultar a circulación na provincia de Lugo

Publicado por: Redacción EFEverde 24 de febrero, 2015 Lugo

EFEverde.-  A neve que caeu nas últimas horas na Montaña de Lugo e en varios puntos da zona sur da provincia volveu provocar dificultades para circular pola rede secundaria e é necesario o uso de cadeas para transitar polo alto do Poio, no municipio de Pedrafita do Cebreiro, onde está restrinxida a circulación para vehículos pesados.

Segundo informou a EFE o Subsector da Garda Civil de Tráfico de Lugo, é necesario o uso de cadeas entre os quilómetros 0 e 19 da estrada autonómica LU-633, no mencionado alto do Poio, onde está prohibido o paso para camións, autobuses e vehículos articulados.

Polo demais, a Deputación de Lugo volveu activar o seu dispositivo de mantemento invernal de vías, de modo que nestes momentos xa traballan en estradas de doce municipios da provincia un total de 80 operarios e 54 máquinas.

Os municipios máis afectados, onde se chegaron a acumular até 20 centímetros de neve nalgunha estrada, son Baleira, Becerreá, Folgoso do Courel, Cervantes, A Fonsagrada, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Samos e Triacastela. EFEverde

Secciones : Actualidad
Redacción EFEverde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.