«Hai que procurar alternativas e procurar solucións a este tema, porque os sistemas antinéboa instalados, aínda que nos dixeron na inauguración que son a última tecnoloxía e que serían suficientes, a realidade di o contrario», lamentou o rexedor local nunhas declaracións á EFE.
Segundo Orlando González, «hai que procurar unha alternativa» e, «se hai que pechar a autovía nos días de néboa» para garantir a seguranza dos usuarios, «hai que pechala».
O alcalde aclarou que, para tomar esa medida, primeiro o Ministerio de Fomento debe arranxar e pór en condicións o trazado da estrada Nacional 634, algo que «o Goberno local de Mondoñedo xa solicitara», porque esa é a vía «que os mindonienses seguen utilizando para coller a autovía».
«Pedimos no Ministerio de Fomento que se arranxe esa estrada, mais dixéronnos que non había diñeiro. En todo o caso, dada esta situación, co que pasou, penso que hai que arranxar a Nacional 634», insistiu.
Ademais, opina que hai que «mellorar a sinalización e pór novos sistemas» de seguranza para reforzar o dispositivo «antinéboa» de que dispón a autovía do Cantábrico nesa parte do trazado. EFEverde




![STO15. LULEA (SUECIA), 12/06/2013.- Vista general del centro de datos de Lulea, durante la visita al primer centro de datos de Facebook fuera de Estados Unidos en Lulea, a unos 900 km de Estocolmo, Suecia hoy, miércoles 12 de junio de 2013. Facebook ha elegido este lugar por su cercanía al Ártico y su acceso a la hidrofuerza y al aire frío del Norte, lo que mantendrá la temperatura de los miles de servidores utilizados para guardar la información de los usuarios, según la empresa. EFE/Susanne Lindholm ***PROHIBIDO SU USO EN SUECIA***[***PROHIBIDO SU USO EN SUECIA***]](https://efeverde.com/wp-content/uploads/2026/09/STO15-SUECIA-FACEBOOK-300x200.jpg)