Parque Nacional Illas Atlánticas.
EFEverde en Galego

O PSOE pide que Tambo sexa incluída no Parque Nacional Illas Atlánticas

O deputado por Pontevedra Guillermo Meijón preguntou ao Goberno por escrito sobre a situación administrativa da illa, en especial sobre se Defensa a continúa tutelando «de forma oficial» e se existe, en tal caso, un plan para atallar o «abandono» en que se encontra.

Meijón pide ao Goberno que «estableza algún convenio de colaboración económica que, xunto coa axuda doutras administracións ou institucións públicas, puidese contribuír á recuperación patrimonial e ambiental da illa de Tambo, así como ao seu mantemento en condicións de optar a ser incluída no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia». EFEverde

Secciones:

Imagen de Redacción EFE Verde

Redacción EFE Verde

Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE.